Map Graph

Illa de Area

illa do concello de Viveiro

A Illa de Area é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía intricada cuberta de verde e cun arboredo de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán, por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoboouse a mediados do século XX.

Read article